Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Palas de Rei
Parroquia: Ferreira de Negral (San Martiño)
Lugar: A Ponte Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

Os romanos atravesaron este territorio cunha das súas importantes vías, a que unía Lugo a Iria Flavia, deixándonos algunha mostra da súa afamada arquitectura, como esta ponte Ferreira, pequena ponte de época medieval, que podería ter a súa orixe noutra anterior romana, xa que por ela pasaba a Vía XIX do Itinerario de Antonino, precedente ao Camiño de Santiago que por aquí atravesa.

Realizada en cantería de granito e dun só arco de medio punto, salva o río Ferreira, outrora chamado Martia, pois aquí estaba a última Mansión do itinerario romano a Lugo, a Mansión de Ponte Martiae.

Aparte do Ravenate e do Itinerario de Antonino, esta mansión aparece tamén nunha das catro placas do chamado Itinerario de Barro, achadas ao parecer na rexión de Astorga e adquiridas a un coleccionista polo Museo Provincial de Oviedo. Tamén o chamado “Camino Real” de Lugo a Santiago de Compostela, por Melide, seguía, sen dúbida, a mesma traxectoria que o medieval das peregrinacións xacobeas; e este, á súa vez, era o primitivo romano.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: SD.000020446
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://xurdemoran.blogspot.com/2013/08/ponte-ferreira-lugo-camino-primitivo.html

http://institucional.us.es/revistas/spal/11/art_20.pdf

http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/download/245/246/807-2?inline=1

http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia.html

https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/04/ponte-ferreira-palas-de-rei.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.94583
Lonxitude: -7.81694
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84