Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Oleiros (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa parroquial de orixe románica, de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía acaroada ó muro sur. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada agás esquinais, vans e espadana. Teito artesoado de madeira e cuberta a dúas augas con tella curva do país. Un arco triunfal de medio punto divide o acceso da nave ó presbiterio e o chan conserva as pezas de cantería. No muro norte hai unha porta cegada e unha troneira abucinada de feitura medieval.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un óculo e rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.
Situada xunto ó cemiterio municipal de Oleiros, a igrexa de Santa María remonta as súas orixes ó século XIII.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/27891ca001.PDF (Páx.5).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.337603968374Lonxitude: -8.3197794916256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84