Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Nós (San Pedro)
Lugar: Rúa María del Pilar Estévez Diéguez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Templo de planta rectangular construída con muros de carga, de mampostería e cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Ten un único van de luz situado no muro lateral sur.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular, e que é de especial interese, as súas xambas e o lintel-tímpano na que ten unha cruz esculpida. Rompendo o vértice do pentágono unha pequena espadana dun corpo cun oco en arco de medio punto onde está pendurada unha campá que pertenceu a un barco afundido. O campanil foi reposto non fai moito tempo e nótase moito a diferencia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/27891ca001.PDF (Páx.12).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.310632854487
Lonxitude: -8.3426644787754
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84