Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Maianca (San Cosme)
Lugar: Mera
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Templo de planta rectangular dunha soa nave cunha capela a menor altura e unha sancristía acaroada ó muro Oeste da capela. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e a capela e a unha sobre a sancristía, todas con cubrición de lousas de xisto.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso ábrense duás xanelas xemelgas de arco apuntado e sobre elas un pequeno óculo. Rompendo o vértice do pentágono unha pequena base para unha espadana de forxa da que pendura unha campá elaborada en 1955 polo Irmáns Ocampo en Caldas de Reis.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/27891ca001.PDF (Páx.10).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.376085899236
Lonxitude: -8.3383143349151
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84