Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Laracha
Parroquia: Soandres (San Pedro)
Lugar: Cemiterio de Soandres
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No interior do camposanto, e preto do centro relixioso máis importante da comarca de Bergantiños, e sen dúbida, do protagonista histórico desta parroquia como é o Mosteiro de San Pedro de Soandres, álzase este sinxelo cruceiro.

Está construído en granito, cunha plataforma cuadrangular de dous chanzos sobre a que asenta un pedestal cúbico rematado en chafrán. Do pedestal arrinca un fuste de sección octogonal. O capitel é cuadrangular moldurado. Encima, atópase unha cruz de sección cadrada, recrucelada, cun círculo estrelado no centro e cuadrón (raios nos vértices a modo de auréola). Ten os brazos ornamentados e remates florenzados.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000007496
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

Catálogo do PXOM do concello da Laracha (Pax 19 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA003.PDF

https://www.alaracha.gal/turismo/gl/list/54/soandres/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.228459
Lonxitude: -8.500872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84