Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Arteixo
Parroquia: Arteixo (Santiago)
Lugar: Arteixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro construído en granito, presenta plataforma cuadrangular de dous chanzos sobre a que se asenta un pedestal cúbico rematado nunha filigrana con forma ondulada. Do pedestal arrinca un fuste de sección cuadrangular nas esquinas e octogonal no resto.
Nesta obra hai algúns aspectos dignos de resaltar, especialmente na cruz e no capitel. Un deles é o uso de cunchas de vieira como decoración, detalle pouco frecuente e símbolo dos romeiros, que aparece xa no exemplar de Brexo (Cambre), o outro é o visible da súa cruz, na forma e decoración dos paus cilíndricos cos extremos rematadados en flor de múltiples pétalos, pero precedidos dun “coraliño”, que lembra os exemplares máis antigos, como o de Longais (século XVII) e San Humberto en A Barcala.
No anverso amosa a imaxen do crucificado con tres cravos, a cabeza coa coroa de espiñas lixeiramente inclinada cara adiante e o pé dereito sobre o esquerdo. Sobre el, a cartela de INRI. Salientar o separado que se esculpiu o corpo, separación que indica un bo dominio do cincel e, tamén unha continuación da antiga tradición dos nosos santeiros que sempre tiveron o costume de esaxerar ó máximo esta característica. Non reverso, sobre un querubín, a imaxe da Virxe cuberta cun manto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este Cruceiro pódese ver nos coidados xardíns do restaurante que se inauguraría en 1975 e que vén sendo o actual “EL GALLO DE ORO”, nome co que seus propietarios bautizaron no ano 1962 o seu primeiro restaurante, non moi lonxe deste, lembrando a ópera de Nikolái Rimski-Kórsakov que tanto balneario de Arteixo ducias de persoas a pasar a época estival.
O moderno cruceiro, é un exemplo do bo facer e do interese por conservar e dar nova vida ás ancestras tradicións desta terra. O artista reflectiu numerosos detalles das máis antigas “cruces de pedra”, ademáis de amosar o dominio técnico do cincel.


Referencias bibliográficas:

Cruceiro incluido en la obra “Os nosos cruceiros”. Autor e ilustrador: José M. Laredo Verdejo. Boreal – Xuntanza Editorial, 1993. Vol. I, págs. 276-277.

http://cronicasdearteixo.blogspot.com/2016/10/o-restaurante-el-gallo-de-oro.html

http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150050202.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.306009
Lonxitude: -8.508568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84