Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: San Breixo (San Salvador)
Lugar: San Breixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

De orixe románica, construída a finais do século XII, principios do XIII, en 1918 sufriu varias reformas, as cales variaron a caracterización da parte anterior por reforma da ábsida, e a planta da igrexa, ao serlle engadida a sancristía no muro norte do presbiterio.
Os muros son de cachotería e sillería de granito. A cuberta é de tella a dúas augas.
Na fachada orixinal románica ábrese unha porta de arco de medio punto, con dous arquivoltas de sección rectangular con baquetilla na aresta, dúas ordes de columnas acobadada con capiteis moi esquemáticos e lintel de cruz latina inscrita.
Este último aséntase sobre dous mochetas. A da dereita leva esculpida unha basta cabeza humana e a da esquerda unha piña.
Sobre a porta racha o muro unha xanela- saeteira co típico derrame interior propio do románico e remata a fachada cunha espadana de dous vans que, aínda que quizais retocada, parece manter o esquema e decoración medievais.
No muro sur ábrese unha porta alintelada ao exterior, con dúass mochetas. A da dereita adornada cunha basta cabeza humana.
No muro da nave consérvanse canzorros e unha saeteira tamén primitiva.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na capela maior, detrás do retablo de arte neoclásico que mostra as imaxes de Santa Lucía e San Salvador (século XVIII), consérvanse moi deteriorados, restos de pinturas murais. Recollendo o que escribe Jaime Delgado na “Gran Enciclopedia Galega” di que: “en los parámetros de la nave de la iglesia parroquial, románica, se conservan fragmentos de pinturas murales, posiblemente del siglo XVI, con representaciones de los misterios de Cristo, como la Adoración de los Reyes Magos, el Nacimiento de Cristo y otros”. Outro retablo moderno mostra unha escultura de San Antonio de Padua do século XVIII”.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

NNSS Concello de Monterroso (Pax. 3 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERROSO/documents/0619CA001.PDF
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.monterroso.es/es/las-huellas-del-romanico-en-el-municipio-de-monterroso
DELGADO GÓMEZ, Jaime: “El románico de Lugo y su provincia”. Edinosa, S.L. 1996 Tomo VI


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78428
Lonxitude: -7.80201
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84