
Outra fotografía:

Tipo de ben: Necrópole,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Orillamar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O levantamento do cemiterio de San Amaro polo arquitecto Fernando Rodríguez e Romay, comeza o ano 1812, cando se prohiben os enterramentos no interior da cidade da Coruña, abundantes tras a Batalla de Elviña e seguindo os criterios de salubridade ordenados pola administración borbónica. Pero os primeiros enterramentos da zona datan de 1781.
Consagrado a San Amaro, santo atlántico por excelencia, elíxese un terreo fóra das murallas, xunto ao camiño que conducía ao faro universal, fronte ao mar, para situar o que sería un dos primeiros cemiterios organizados de España, considerado un dos cinco cemiterios máis antigos de Europa.A porta principal de estilo neoclásico, está decorada con catro chamas e unha sinxela cruz. No frontispicio podemos ler:”Año de 1812. El término del cuerpo es el que veis, El del alma será según obréis”.Cabe destacar o anexo coñecido como “cemiterio protestante”. No 2012, catalógase como Lugar de Interese Turístico, coincidindo co bicentenario da súa consagración. Ese ano, entra tamén na Asociación Europea de Cemiterios Significativos e un ano despois en 2013, intégrase no Roteiro do Cemiterios Europeos, recoñecida pola Organización Mundial de Turismo (OMT), do mesmo xeito que outros cemiterios do mundo e de España.
A cidade dos mortos é un reflexo da cidade dos vivos e co paso dos séculos será ampliado, trazando un cadrado e organizando o seu interior en catro departamentos, que levan o nome das catro parroquias que existían na Coruña nesta época ( Santiago, Santa María, San Xurxo e San Nicolao).
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ACORUNA/documents/27775ca314.PDF (páxina 20)
http://www.significantcemeteries.org/2012/09/cemetery-of-san-amaro-coruna-spain.html
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cemiterio_de_Santo_Amaro_da_Coru%C3%B1a
LA CAPILLA DE SAN AMARO, SU LEYENDA E HISTORIA
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/05/cementerio-de-san-amaro-coruna.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.377503762301Lonxitude: -8.3963874060822
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84