Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Paderne (Santiago)
Lugar: Campo da Festa
Outra denominación do ben: Cruceiro do Campo da Festa
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “de Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos; o primeiro está soterrado, e un pedestal cúbico cos paramentos recadrados. O varal é circular cun capitel cilíndrico que soporta una cruz rectangular cos brazos lixeiramente achafranados. O cruceiro é todo de granito agás a plataforma construída en mampostería cun estado bo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.177962918004
Lonxitude: -8.2639811225534
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84