Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Paderne (Santiago)
Lugar: Campo da Festa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

igrexa de planta rectangular dunha soa nave, ábsida rectangular e sancristía apegada o muro norte da ábsida. O tránsito entre a nave e o presbiterio efectúase por medio dun arco triunfal en arco de medio punto. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco agás nos marcos das portas e xanelas. A cuberta fórmase a dúas augas con cubrición de tella curva do país. No muro norte da nave ábrese unha porta.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso adovelada en arco de medio punto. Sobre o ingreso vai una xanela rectangular abucinada. No vértice da fachada sitúase un acroterio cunha cruz de cuadrangular de pedra cos brazos en chafrán.
A poucos metros, sitúase un campanario exento. Sobre una base rectangular de cachotería, un pequeño campanil formado por un arco de medio punto onde pendura una campá elaborada por Palacio en 1868.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.177986890788
Lonxitude: -8.2644423251268
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84