Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Rodeiro (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía acaroada ó muro sur. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería agás a fachada principal feita con perpiaño. Teito con cuberta a tres augas con tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un van de luz rectangular e rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Salamanca por José Cabrillo Mayor. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA004.PDF (Páx.9).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.192390307635
Lonxitude: -8.1225892910944
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84