Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Montouto (Santa María)
Lugar: Cotón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Templo de planta de salón cunha soa nave dividida en tres treitos, capela maior de grandes dimensións e sancristía apegada ó muro norte. A capela maior cóbrese cunha bóveda de canón sobre arcos faixóns que descansan sobre unha cornixa pétrea soportada por ménsulas.
A fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal rectangular moldurada. Sobre o ingreso unha pequena fornela coa imaxe da Santa. Máis arriba unha xanela rectangular que dá luz ó coro interior. Debaixo da base da torre-campanario unha decoración dun disco cun motivo xeométrico. A torre-campanario de formigón, engadido no século XX, segue o esquema arquitectónico dos campanarios da zona. De planta cadrada, formada por dous corpos, o inferior con arcos de medio punto sobre piares con pilastras apegadas que soportan as campás. O segundo corpo está formado por un tambor de planta octogonal con oito arcos de medio punto e coróase cunha lanterna con nervos moi remarcados. todo o conxunto coroado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volume X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA009.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.036311453709Lonxitude: -8.7782150172302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84