Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Montouto (Santa María)
Lugar: Cotón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cunha mesa acaroada. Ten un varal circular con estrías e cun pedestal cilíndrico e liso. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten follas e volutas. A súa cruz é cuadrangular e no anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, bendecindo con ámba-las mans e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. O cruceiro é todo de formigón cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.037955265449
Lonxitude: -8.7790448617352
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84