Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Corrubedo
Lugar: Praia do Prado
Outra denominación do ben: Pedras de Santiago
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Laxe con petróglifos ubicada no coñecido como Outeiro de Santiaguiño, ubicado ao sur da Praia do Prado. O outeiro é un conxunto de penedos que destaca sobre o contorno da punta Praxeo, e é unha das esquinas da actual estación EDAR de Corrubedo. Os petróglifos están ubicados nunha pequena laxe inclinada na base do outeiro penedento, ao carón do camiño asfaltado que leva a EDAR. Están compostos cando menos de tres figuras. Un serpentiforme ou trazo alfabético en forma de S, unha representación dun cruciforme ou forma de espada e, na zona superior, dunha forma circular que aproveita unha fendedura natural da rocha.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
O Outeiro de Santiaguiño é coñecido en Corrubedo coma o lugar no que pousou o cabalo branco de Santiago e deixou a pegada nel, que correspondería co petróglifo circular. López Cuevillas e Bouza Brey recollen en Ribeira unha lenda mencionada no seu artigo “Prehistoria e Folklore da Barbanza” (Nós, 46: 1927) que podería corresponder con este outeiro. “Na Lagoa de Carragal, que se olla ó pé do monte, está asolagada a cidade de Malverde (Valverdde) onde había mouros que foron desbotados por Calromano e os doce Pares de Francia e máis Oliveros, e nunha peneda do monte hai unha patada do cabalo de Roldán, dada cando este pideu, despois do sol posto, unha hora de día pra derrubar os inimigos. E é desde enton que, despois do sol posto, hai unha hora de luz”. Cuevillas e Bouza Brey afirman que non puideron visitar a pedra.
Historia recente do ben:
Durante as obras de construción da EDAR de Corrubedo en 2011, o petróglifo ficou sepultado, correndo un gravísimo perigo, xa que o outeiro se atopa no límite da infraestrutura. Ficou sepultado pola acción da maquinaria. Ao ser denunciado o problema no pleno municial, o concelleiro de Cultura ordenou a retirada da terra e comprobouse que, aparentemente, o petróglifo non sufrira danos. Máis información nesta noticia de La Voz de Galicia.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2011/03/02/petroglifo-sepultado-ribeira-desenterrado-aparentemente-bien/0003_201103G2P11992.htm
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
De acordo coa capa de patrimonio cultural do visor do Plan Básico Autonómico, o xacemento continúa sen ser catalogado. O feito de que non o estivera provocou a construción da EDAR de Ribeira nesta localización e que o petróglifo correu un enorme risco. A súa ubicación ao carón da estrada asfaltada que leva á EDAR e a ausencia de sinalética indicadora o coloca nunha situación moi vulnerable. As fendas do Outeiro de Santiago atópanse cheas de lixo.
Onde está localizado
Latitude: 42.569507493058Lonxitude: -9.077036795214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84