Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rua Lorenzo Cuenca ou de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación feita en perpiaño granítico, de semisoto, andar baixo e dous andares coa fachada principal cara a praza de Fromista. As obras para a súa construción comezan no ano 1842 e rematan 2 anos despois. Atópase sobre o antigo edificio do cuartel de caballería do Carballo.

O antigo auditorio ten forma de elipse, cun tamaño entre os 12 metros de longo aos 11 metros de ancho. Posuía 148 butacas cun corredor central de 80 cm. Arredor das butacas atópanse 16 palcos de platea con capacidade para 5 persoas cada un. A capacidade total aproximábase ás 450-500 localidades, aínda que podía elevarse
a suma, xa que non existía control ningún sobre o aforo.
No primeiro andar atopamos outro nivel de palcos, que con posterioridade serían desmantelados e as súas portas tapiadas para instalar bancos corridos. Na década de 1920 reformaríase para instalar a cabina de proxección cinematográfica.
O escenario posuía unhas dimensións de 9,10 m. de ancho no fondo, 7,5 m. na embocadura do escenario e unha altura de 7,45 m.
O telón de boca do teatro, obra de Benigno Lorenzo, é unha das escasas mostras da pintura escenografica galega do s. XIX. Foi un encargo para decorar o teatro en 1891 coa fin de preparar os primeiros Xogos Florais de Galicia.
Segundo o historiador Sánchez García as semellanzas en planta entre o teatro de Tui e o de Santiago, levan a pensar na intervención do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, quen deseñaría entre os anos 50 a 57 do século pasado o cárcere do edificio xudicial na mesma vila.

A súa última función que albergou foi no ano 1973.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

No ano 2020 o Concello de Tui encargou o proxecto de rehabilitación ao arquitecto César Portela, que manterá a tipoloxía do edificio, a dimensión, posición e forma do teatro.

No mes de abril de 2023 a prensa dixital anuncia a próxima rehabilitación deste ben grazas aos fondos Next Generation (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2020/05/16/anteproyecto-teatro-tui-contempla-local-restauracion-sobre-mino/00031589655055772580959.htm
https://www.depo.gal/es/-/noticia-tui-o-arquitecto-cesar-portela-rematou-a-redaccion-do-anteproxecto-de-rehabilitacion-do-teatro-principal
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/10/12/tui-encarga-arquitecto-cesar-portela-salvar-queda-historico-teatro-principal/0003_201910V12C6998.htm

El que fue el gran referente teatral de Galicia despierta entre las ruinas


http://tudensia.blogspot.com/2010/06/xogos-florais-de-galicia-en-tui-1891.html
http://tui.gal/gl/novas/tui-da-un-paso-mais-para-rehabilitacion-do-teatro-principal-coa-presentacion-do-anteproxecto-de-cesar-portela

Tui recuperará o seu Teatro Principal cun proxecto do prestixioso arquitecto César Portela

http://tudensia.blogspot.com/2010/04/o-teatro-principal-de-tui-unha.html
http://tudensia.blogspot.com/2011/07/de-novo-sesion-continua-co-teatro.html
http://lsruinasdelteatroprincipaldetuy.blogspot.com/2009/04/las-ruinas-del-teatro-principal-siguen.html

REHABILITACIÓN
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2022/03/01/ultimo-sos-teatro-principal-tui/0003_202203V1C5991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2023/04/06/tui-consigue-millon-euros-rescatar-teatro-principal/0003_202304V6C5991.htm

El histórico Teatro Principal de Tui, un paso más cerca para volver a relucir


https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2023/04/05/llega-salvonducto-teatro-principal-tui/0003_202304202304051680681869239.htm
https://telemarinas.com/tui-rehabilitara-el-teatro-principal/

BIBLIOGRAFÍA
VILA, Suso. (2019). O teatro de Tui. Ed: Concello de Tui. (en liña: https://www.academia.edu/36088415/O_Teatro_de_Tui)
FERNÁNDEZ COTO, Carlos Henrique e SILVA SUÁREZ, mIGUEL. (1985). El teatro principal de Tui. (en liña: https://ruc.udc.es/dspace/bitstream/handle/2183/5213/ETSA_13-8.pdf?sequence=1&isAllowed=y)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.044811619862
Lonxitude: -8.6443275084832
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84