Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Razo (San Martiño)
Lugar: Nétoma.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” sen plataforma e cun pedestal cúbico. Ten un varal octogonal que comenza en cadrado e cos paramentos recadrados. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz cuadrangular con relevos labrados: J.H.S., cravos, coroa de espiñas e cáliz. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este cruceiro catalogouno Luis Martín Ruiz no seu libro “Cruceiros na provincia da Coruña” na páxina 506. A fotografía do libro está máis ou menos a mesma distancia e o cruceiro estaba ubicado ao outro lado da rúa como se pode ver nunha foto de googlemaps (a segunda fotografía). Semella que foi trasladado fai pouco tempo.


Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca016.PDF (Páx.35).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.277095433203
Lonxitude: -8.7151283945011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84