Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica presenta un rebaixe nun dos seus laterais.
O varal, que comeza en sección cadrada e continúa en octogonal, da paso a un capitel tipo corintio con volutas, motivos vexetais e rostros de anxos nos catro lados.
O conxunto remata coa cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e acompañado de San Francisco, ao que lle falta a cabeza, abrazandoo; no reverso da cruz vemos a imaxe da Virxe sobre unha peaña con forma de anxo.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-402)

ENLACES WEB
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/elementos-relixiosos/cruceiro-de-san-miguel-de-valga
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360560408.html

BIBLIOGRAFÍA
LADRA,Lois. (2002). Arte relixiosa popular na Terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánimas. Ed: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.695919746722
Lonxitude: -8.6380494052054
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84