Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Valga
Parroquia: Setecoros (San Salvador)
Lugar: Casal de Eirigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa feita a base de cachotaría irregular agás nos esquinais onde vemos pedra de cantaría, de planta rectangular cunha soa nave e cuberta a dúas augas con pináculos nos extremos.
A fachada principal presenta porta de aceso con arco apuntado, ocelo trebolado e unha espadana de dobre van en posición central.
Os muros laterais presentan tamén xanela con arcos apuntados.

Esta ermida, erguida sobre un antigo castro, foi feita para celebrar a batalla de Casal do Eirigo contra os franceses. Rematouse o 27 de abril de 1809.

No adro da ermida podemos ver un cruceiro de ánimas (http://patrimoniogalego.net/index.php/107245/2020/07/cruceiro-de-animas-da-ermida-da-virxe-da-saude/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior podemos ver un retablo realizado polo escultor Xosé Ferreiro, e unha imaxe de San Campio.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (Ficha catalográfica AR-309)
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/arquitectura-relixiosa/ermida-da-virxe-da-saude


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.668890031247
Lonxitude: -8.6305525132029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84