Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Valga
Parroquia: Setecoros (San Salvador)
Lugar: Casal de Eirigo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de ánimas que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica moldurada presenta un pequeno oco para o peto das ánimas.
A continuación vemos o varal que comeza en sección cadrada e segue en octogonal. Na súa base aparece o retablo das ánimas.
O capitel cadrado troncopiramidal invertido da paso a unha cruz tipo latina coas arestas rebaixadas e sen imaxes.
Este cruceiro de ánimas se atopa no adro da Ermida da Virxe da Saúde (http://patrimoniogalego.net/index.php/107241/2020/07/ermida-da-virxe-da-saude/).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-309)
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/elementos-relixiosos/cruceiro-da-ermida-da-virxe-da-saude
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360560301.html
BIBLIOGRAFÍA
LADRA, Lois. Arte relixiosa popular na Terra de Valga. Cruceiros, cruces e petos de ánimas. Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2002.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.668977810503Lonxitude: -8.630560780061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84