Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Razo (San Martiño)
Lugar: Nétoma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Templo de planta de cruz latina. A estrutura resólvese mediante muros de carga e a cuberta formada por unha estrutura de madeira, a dúas augas con tella curva do país. No interior, posúe un coro elaborado en madeira.
A fachada de traza moi sobria, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular moldurada. Sobre o ingreso van dúas xanelas rectangulares que dán luz ó interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre cornixa franqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por un acroterio cunha cruz cuadrangular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca016.PDF (Páx.5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.276865539134
Lonxitude: -8.715398311615
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84