Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Cances (San Martiño)
Lugar: Cances
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Templo de planta de cruz latina coa ábsida a menor altura e unha sancristía apegada ó seu muro norte. Ten unha cuberta con bóveda de canón reforzado mediante arcos faixóns que, apoiados sobre ménsulas no presbiterio, na nave apóianse sobre pilastras. Ós pés da nave posúe un coro alto ó que se accede por unha escaleira resolta no seo dun dos muros. Os muros exteriores son de perpiaño sen revestir e, o teito está formado a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sobria, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada con orelleiras. Sobre o ingreso unha pequena fornela cuberta por unha bóveda de vieira con imaxe do seu santo. Máis arriba, unha xanela rectangular que dá luz ó interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre cornixa franqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular moldurado cun oco en arco de medio punto, franqueado por dous pináculos con bóla, e rematado por un acroterio cunha cruz de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, o cemiterio aparece dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÄNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca009.PDF (Páx.7).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.238276953861
Lonxitude: -8.7457246439316
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84