
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Carballo
Parroquia: Cances (San Martiño)
Lugar: Igrexario de Cances, Cances da Vila.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de tres chanzos cunha mesa acaroada e un pedestal cuadrangular rematado con cuarto bocel inverso e un oco para un peto. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado. No paramento do reverso amosa unha custodia e no anverso un purgatorio; unha ánima entre lapas. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz octogonal con remates florenzados. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na Provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca009.PDF (Páx.69).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.238288336913Lonxitude: -8.7462956865893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xul 3, 2020
Engado a seguinte referencia web:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150190602.html
E a seguinte referencia bibliográfica:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ. E. Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. 1997. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE)
Neste libro podemos ler que, “RETABLO. De pedra, soldado á parte baixa do varal. Amosa unha ánima solitaria entre lapas cos brazos en alto, moi erosionada e polo tanto de pouco relevo”.