Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo (Centro Cidade)
Lugar: Vigo Centro // Rúas Doutor Cadaval - López de Neira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación de 1400 m2 de marcada vinulación relixiosa, de estilo neogótico proxectado no ano 1904 polo arquitecto Michel Pacewick .
No interior do edificio aínda se conserva parte do antigo auditorio do sindicato obreiro católico no que podemos ver tamén columnas con capiteis de estilo grego.
Trala Guerra Civil, este edificio foi a residencia do Gobernador.

A inicios do ano 2020 a prensa dixital recolle a nova da venda do conxunto para vivendas e baixo comercial.

Michel Pacewick foi un arquitecto francés de orixe polaca que proxectou numerosos edificios na cidade de Vigo a principios do século XX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa dixital do 11 de outubro de 2021 recolle a nova da próxima rehabilitación deste edificio. Pasará a converterse en 4 vivendas de luxo (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/nueva-vida-edificio-historico-pacewicz/20200120231102752946.html
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/edificio-historico-vigo-busca-nuevo-destino/20120419095119175995.html

BIBLIOGRAFÍA
MÍGUEZ MACHO, A e CABO VILLAVERDE, M. «Reconquistar Galicia para Cristo». Un balance del catolicismo social en Galicia (1890-1936). Ayer 79/2010 (3). 223-245

REHABILITACIÓN ANO 2021
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2021/10/11/circulo-catolico-obreros-tendra-segunda-58225017.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.236331741966
Lonxitude: -8.7243867221489
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84