Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Esgos
Parroquia: Triós (San Pedro)
Lugar: Lobaces
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
En cada recuncho da aldea de Lobaces, afloran anacos da peneda onde se asenta o pobo, nas que se poden ver innumerables gravuras. Estas consisten maiormente en coviñas de distintos tamaños, así como algún suco combinado con elas.
Gran parte da aldea está asentada sobre esta peneda. Para mellorar as carreiras, foi rebaixada a rocha de granito na maioría do seu recorrido, quedando estes anacos que se ven na actualidade. Isto fainos sospeitar, que debaixo das casas ou do formigón ou alcatrán con que foi cuberto o camiño, poderíanse atopar gran parte de estas gravuras.
Na zona sur da capela da Nosa Señora das Neves, onde se atopa unha tumba antropomorfa, a peneda non está moi alterada, e pódense ver moitas coviñas espalladas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Xa foi destruido na súa maior parte, agora so queda conservar o que queda.
Onde está localizado
Latitude: 42.359136Lonxitude: -7.723476
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84