Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Bora (Santa Mariña)
Lugar: A Corval
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro situado no interior do cemiterio que nace sobre dous chanzos de sección cadrada.
A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe dúas lendas:
“A DEVOCION DE
ANDRES SO
UTO SE IZO ESTA
OBRA AÑO DE
1792”
“RESTAURADA
ESTA OBRA
POR D. BENITO
CORBAL ESTEVEZ
AÑO DE 1895”
O seu varal nace en sección cadrada e segue en octogonal.
O capitel é de tipo corintio, con volutas, follas vexetais e rostros de anxos e caveiras.
O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe co Neno no colo apoiada sore unha peaña con forma de cabeza no reverso.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360380204.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.435020019927Lonxitude: -8.5958780993206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84