Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: As Pontes de garcía Rodríguez
Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)
Lugar: Praza do Carme - As Pontes de García Rodríguez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado ao carón da Capela da Virxe do Carme (http://patrimoniogalego.net/index.php/107341/2020/07/capela-do-carme-8/). A súa instalación se realizou no ano 1828.
Nace sobre dous chanzos e unha pequena base de recente factura.
A continuación ven toda a parte antiga do cruceiro: unha pedra a xeito de altar e unha base de arestas rebaixadas na que destaca o relevo de dúas figuras dentro de cadansúa fornela, que poderían representar ás imaxes de Santa María Magdalena e a Virxe do Carme (anterior e posterior advocacións da Capela que podemos ver na parte traseira do cruceiro).
O varal cadrado de arestas rebaixadas da paso a un capitel de tipo corintio con volutas e cabezas de anxos con ás nos catro lados.
O conxunto remata cunha cruz de arestas rebaixadas e remates florenzados na que aparecen as imaxe de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe co Neno no colo no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507001.html
https://www.amigus.org/2006/07/10/orixe_e_histori/

BIBLIOGRAFÍA
ALONSO TRONCOSO, Víctor (Coord) e BURGOA FERNÁNDEZ, Juan José. Patrimonio histórico de As Pontes de García Rodríguez. Universidade da Coruña. 2003.
LAREDO VERDEJ, José M. Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial, 1993. Vol. I.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.452017107898
Lonxitude: -7.8526827482296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84