Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: As Pontes de garcía Rodríguez
Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)
Lugar: Praza do Carme - As Pontes de García Rodríguez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa do ano 1738 (con modificacións no ano 1881) que substituíu á pequena ermida de Santa María Madalena, tamén chamada Capela das Arañas.
Construída en cachotaría os muros rebocados en branco, e cuberta de xisto a dúas augas.
A fachada principal presenta porta de aceso lintelada, un pequeno ocelo e unha espadana de dobre oco con remates en pináculos con bola.

No interior da igrexa podemos ver diferentes elementos como un retablo de imitación barroca coas imaxes de Santa María Madalena e a Virxe do Carme (esta última doada en 1872 polo escultor Manuel Baño) e unha coroa.

Pegado a un dos muros laterais podemos ver o Peto da Virxe do Carme (http://patrimoniogalego.net/index.php/107345/2020/07/peto-da-virxe-do-carme/).
Xunto á capela podemos ver tamén o Cruceiro da capela (http://patrimoniogalego.net/index.php/107337/2020/07/cruceiro-da-capela-do-carme-3/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23201/capela-da-virxe-do-carme?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
https://www.amigus.org/2006/07/10/orixe_e_histori/
https://www.amigus.org/2006/07/12/orixe_e_histori_1/
https://www.amigus.org/2006/07/14/orixe_e_histori_2/

BIBLIOGRAFÍA
RIVERA ROUCO, Enrique. El Santuario de Nuestra Señora del Carmen de As Pontes de García Rodríguez. Su origen, historia y devoción. 1987. (en liña: http://www.amigus.org/web/historia/19_carme/paxdoc1.html)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.452266752543
Lonxitude: -7.8526021804461
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84