Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: As Pontes de garcía Rodríguez
Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)
Lugar: Praza do Carme - As Pontes de García Rodríguez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto situado nun dos muros laterais da Capela da Virxe do Carme (http://patrimoniogalego.net/index.php/107341/2020/07/capela-do-carme-8/).
Construído a base de cachotaría e cemento, o peto posúe un pousadoiro, unha fornela con porta de cristal e na parte superior unha lenda que di:
“Limosnas a la Virgen del Carmen”.
No interior da fornela vemos unha imaxe da Virxe do Carme posiblemente de factura recente.

Na nosa visita ao lugar (19 de xullo de 2020) o peto se atopaba cuberto de ramos de flores. Segundo Estanislao Fernández de la Cigoña, existe unha placa metálica que di:
“O POBO DE AS PONTES
RESTITUINA
O 12 DE XULLO DE 1990”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4523048305
Lonxitude: -7.8525409532527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84