Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Portomarín
Parroquia: San Mamede do Río
Lugar: Vendas de Narón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situado na praza da aldea, asoma do chan 1,55 metros. Letras non vimos, pero si senllas cruces latinas nas caras este e oeste, e quizais un círculo cunha coviña no centro. Nos apeos de bens do mosteiro de Ferreira de Pallares do ano 1692 cítanse varios marcos, entre outros os da Madalena e o da Pena do Rei, onde hai unha mámoa duns 32 metros de diámetro, como divisorios das freguesías de Ligonde e San Mamede do Río. O marco da Madalena, a Pena do Rei e a Pena Godón (onde houbo hospital fundado no século XII ou XIII) tamén aparecen nos interrogatorios do Catastro de Ensenada do ano 1752.

Contáronnos que xunto o marco colocaban ás persoas que, á hora de realizar un trato (compra, venta, troco), faltaban á súa palabra. Para dirimir o posible engano, xuntábanse as tres persoas de máis idade da aldea que ditaban sentenza. Iso si, se o engano se producía a máis de 50 pés da Pedra das Letras a infracción desta norma non escrita quedaba impune.

Non resulta improbable que O Marco das Letras se trate dunha pedrafita prehistórica reutilizada posteriormente, nas proximidades atópanse a necrópole neolítica do Monte da Serra con seis enterramentos, o citado túmulo da Pena do Rei e o microtopónimo A Medorra, clara alusión a unha mámoa da que non quedan restos visibles. Sen esquecermos dos petroglifos da Pena da Ázpara e outros que foron destruídos ao ampliar a estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.844121309728
Lonxitude: -7.748755074303
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84