Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Roma (Santa Sía)
Lugar: Roma
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cúbico cos paramentos recadrados onde hai inscrito un número en cada paramento: “1 / 8 / 9 / 6”. Ten unha mesa acaroada á plataforma. Ten un varal octogonal comezando e rematando en cadrado. O capitel é cuadrangular decorado con dúas raias paralelas en cada cara. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e ten un círculo inscrito no cruce da stipes e o patibulum. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Tamén é un BIC declarado: Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español; así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.060359260639
Lonxitude: -8.9660763248085
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84