
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ponte orixinariamente de época romana que formaba parte da coñecida como Vía Romana XIX. Foi reconstruído no século XII.
Feito en cantaría granítica, está formado por once arcos de medio punto rebaixados.
As primeiras referencias bibliográficas da ponte datan do ano 1165, cando os reis Fernando II de León e Alfonso de Portugal o 30 de abril se entrevistan e firman a Paz de Lérez (“pax super flumen Lerice pontem”) nesta mesma ponte, e que pon fin á Guerra co Reino de Portugal. Tamén se acorda o casamento de Fernando II coa súa prima segunda Urraca de Portugal, e se devolve a Fernando II o castelo de Cedofeita (http://patrimoniogalego.net/index.php/44680/2013/06/castelo-de-cedofeita/) cousa que non se cumplirá.
No século XVI a ponte posuía unha torre defensiva en cada un dos dous lados. A torre máis próxima á cidade de Pontevedra se atopaba unida á muralla e anexa á antiga cárcere.
Unha das torres foi derruída polos ingleses en 1719 e reconstruíuse pouco tempo despois. No ano 1805 derrubouse definitivamente.
No centro da ponte existía un cruceiro.
Entre 1953 e 1954 se levou a cabo a súa última gran reforma e ampliación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/requiem-por-el-puente-del-burgo/201909291632511054179.html
https://www.diariodepontevedra.es/blog/milagros-bara/o-burgo-un-puente-con-historia/20170611185728350001.html
Pílula histórica: A ponte do Burgo, a razón de ser da cidade da ‘ponte vella’
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
As antigas barandas metálicas (que foron substituídas por outras a finais do ano 2019) eran obra de Fundiciones Pardo.
Onde está localizado
Latitude: 42.435651467043Lonxitude: -8.6440366610667
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84