Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Rubiacós (Santa Cruz)
Lugar: Galván
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
En pequeno outeiro, no que destaca un saínte rochoso con tres penedas aliñadas, que sendo naturais, semellan formar parte de un muro inexistente. Na pedra mais feitiña, con unha sección en forma de rombo con uns 55cm entre caras e unha altura de 1,15m, atopamos unha cruz gravada na súa parte superior.
A cruz esta formada por dous riscos de 8 e 10cm de longo cada un de eles, cruzados a 90 grados pola súa parte central. Estes sucos ten un ancho de 1,5cm e unha fondura de 1cm
Aínda que actualmente sitúase na parroquia de (Santa Cruz) de Rubiacós, auns 200m da liña divisoria ca parroquia limítrofe de (San Salvador) de Loña do Monte, nalgún momento debeu marcar a marxe entre estas dúas parroquias do concello de Nogueira de Ramuín.
Como nota curiosa, dicir que a cruz estaba oculta e protexida por pequena pedra colocada enriba de ela. Tamén dicir que así quedou, como debe ser.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.382876Lonxitude: -7.709796
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Gavilanes67 says:
Ago 3, 2020
Así foi como o atopei, e así quedou.