Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Castrelo de Miño
Parroquia: Astariz (Santa María)
Lugar: Astariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación do século XVIII de estilo barroco feita a base de cantaria granítica, de planta rectangular cunha soa nave central con ábsidas laterais, e con cuberta a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas e con remate en lucernario.
Na fachada principal vemos unha porta de aceso con arco rebaixado, unha fornela con arco de medio punto e, por riba dela, un escudo de armas pertencente probablemente a unha familia de nobres rurais que habitaban na contorna. O conxunto remata cunha espadana de dobre corpo.

Ao carón da igrexa parroquial podemos ver a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/107432/2020/08/reitoral-de-santa-maria-de-astariz/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa destacan varios retablos realizados no ano 1748 polo escultor Salvador Carmona nado en Valladolid. Vemos o retablo do Evanxeo coas imaxes de San Xudas Tadeo e San Antonio de Padua. No outro retablo destacan as imaxes de San Camilo de Lelis e San Lourenzo.

Estes retablos foron doados por Pedro Martínez Feijoó, membro do Consejo de Castilla, cabaleiro da Orde de Santiago e Conde de Troncoso (lugar da mesma parroquia).


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(Aprobación inicial outubro 2009)
ENLACES WEB
https://www.castrelo.org/gl/concello/castrelo_de_mino/historia.htm
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23039/igrexa-de-santa-maria-de-astariz?langId=es_ES&tp=8&ctre=31

BIBLIOGRAFÍA
BRASAS, José Carlos y GONZÁLEZ PAZ, José. Dos obras de José Salvador Carmona en Astáriz (Orense). Archivo Español de Arte


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.323580296672
Lonxitude: -8.0375198396027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84