Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: Aguasantas (Santa María)
Lugar: A Coutada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Petróglifo dado a coñecer polo veciño do lugar Pedro Eiras Adán ao Colectivo Capitán Gosende no mes de xullo de 2020.
O gravado, que podemos ver nunha pedra exenta granítica que forma parte dun muro de peche dunha finca, componse de dúas combinacións de círculos concéntricos.
A descrición do colectivo di que: “O cachote que conserva a inscultura posúe unha altura máxima de 1 m, unha lonxitude máxima de 1’15 m e un fondo máximo de 53 cm, situándose nos alicerces da murada. Escusamos dicir que a face insculpida do cachote orientouse cara ao camiño (descoñecemos se foi intencionadamente), obrigándonos a contemplar o petróglifo en vertical.
O petróglifo da Coutada (ou o fragmento conservado) componse de dúas combinacións circulares aliadas (tipo “castañola”). As dimensións do binomio acadan os 80 cm de longo, os 70 cm de largo e os 86 cm de diagonal. A matriz desprega 8 círculos concéntricos con coviña central. Contados do centro á periferia da figura, o segundo círculo concéntrico non pecha, senón que prolonga dous raios que serven de guías á figura anexa, a cal desprega 6 trazos circulares concéntricos sobre o raio superior e 5 trazos circulares concéntricos entre o raio superior e o inferior. O raio superior ten unha lonxitude de 46 cm”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.tabeirosmontes.com/novas/extraordinario-achadego-na-coutada-augasantas-cotobade
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.432824529826
Lonxitude: -8.4679460826531
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84