Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: Tenorio (San Pedro)
Lugar: Calvelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Gravados situados nunha laxe granítica irregular duns 6 m2, e redescuberto polo Colectivo Capitán Gosende.
Segundo a descrición que o propio colectivo fai:
“O gravado rupestre, felizmente redescuberto, componse na actualidade dunha combinación fermosísima de 4 elementos circulares concéntricos con coviña central e 4 agrupamentos de coviñas. O grao de desgaste das riscadelas é alto.
O elemento circular meirande acada os 64 cm de diámetro. Desprega 4 sucos circulares concéntricos que arrodean unha pioca central de 15 cm de diámetro, pouco profunda e de fondo plano. Tres sucos radiais parten en distintas direccións do centro da figura cara á periferia. Na periferia do elemento contabilizamos outras catro coviñas (de entre 6 e 4 cm). O segundo dos elementos circulares acada os 57 cm de diámetro. Desprega 3 sucos circulares concéntricos que arrodean unha pioca central de 12 cm de diámetro, pouco profunda e de fondo plano. Dous sucos radiais parten en distintas direccións do centro da figura cara á periferia. O terceiro dos elementos circulares acada os 34 cm de diámetro. Desprega 2 sucos circulares concéntricos con pioca central de 11 cm de diámetro, pouco profunda e de fondo plano. Un suco radial parte do centro cara á periferia. Este elemento circular asóciase cunha coviña exterior (8 cm). O cuarto dos elementos circulares acada os 13 cm de diámetro con coviña central, despregando 1 suco circular concéntrico. Probabelmente, durante os labores de talla do arboredo esta figura padeceu o impacto dun obxecto metálico.
Amais dos círculos concéntricos, o petróglifo tamén se compón de 4 agrupamentos de coviñas. Un dos agrupamentos consta de 5 coviñas de pouca profundidade, cuxo diámetro vai dos 12 aos 6 cm. Outro dos agrupamentos componse de 6 coviñas pouco profundas, cuxo diámetro vai dos 11 aos 6 cm. Outro dos agrupamentos consta de 5 coviñas, cuxos diámetros van dos 10 aos 7 cm. Neste conxunto, a coviña meirande tamén é a máis fonda. Unha das coviñas presenta canle de desaugadoiro e un risco curvilíneo acouta o agrupamento. O cuarto dos agrupamentos, tallado en pedra de gran groso, componse de 2 coviñas pouco profundas de 10 e 8 cm.”
Esta estación rupestre foi dada a coñecer no número 374 da revista Vida Gallega por Florentino López Cuevillas o 20 de abril de 1928. O Colectivo Capitán Gosende localizouno o día 19 de xullo de 2020.
A fotografía e a fotogrametría que acompañan esta ficha foron moi amablemente cedidas por Ángel de Prado.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.tabeirosmontes.com/novas/capitan-gosende-atopa-un-gravado-rupestre-en-tenorio
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2020/08/30/historia-feliz/2333537.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
As últimas limpezas e rozas do monte afectaron aos gravados de xeito importante.
Onde está localizado
Latitude: 42.459926615062Lonxitude: -8.5650964950982
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84