Outra fotografía:

Tipo de ben: Camposanto, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Cerdedo (San Xoán)
Lugar: Meilide
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O Campo das Laudas nace no ano 2016 a mans do colectivo Capitán Gosende.
Localizada na Fontedorraca, predio das Raposeiras, este proxecto de iniciativa privada nace como tributo ás persoas que, no concello de Cerdedo, deron a vida ou comprometeron o seu benestar en prol da democracia e da liberdade.
No momento de creación desta ficha catalográfica, o lugar presenta 6 laudas feitas en pedra granítica, todas elas do escultor Marcos Escudero.
As laudas están dedicadas en memoria de Esperanza Barros García e Manuel Garrido “o Resucitado”, Xosé Otero Espasandín (mestre e poeta; exiliado sen retorno), Antonio Sueiro Cadavide (canteiro, gaiteiro; alcalde republicano de Cerdedo; esquecido), Francisco Varela Garrido (xornalista, secretario municipal; fusilado), Xosé Torres Paz (carpinteiro, concelleiro; asasinado) e Martiño Ferreiro Álvarez (construtor, tenente de alcalde da Coruña; asasinado en Mauthausen-Gusen).

“O Campo das Laudas, que se irá erixindo pedra a pedra, derroga o interesado esquecemento e rearce unha tendenciosa anomalía, xa que neste territorio, carente de xenerosidade e tolerancia política, non se cumpre a Lei de Memoria Histórica (52/2007)”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O domingo 4 de abril o colectivo Capitán Gosende inaugurou a sétima lauda neste lugar. Nesta xornada rendéuselles homenaxe á matriarca Xosefa Rivas Touriño e aos cinco Ventín (os canteiros e sindicalistas Perfecto, Erundino, Manuel, Olegario e Ramiro), asasinados a finais de 1936 en Zamora.


Referencias bibliográficas:

https://www.nosdiario.gal/articulo/memoria/campo-laudas-lembrar-republicanos-cerdedo/20161229201010053860.html
https://www.tabeirosmontes.com/novas/archives/07-2020?view=full

Inauguración da sétima lauda:

Medra a Memoria no Campo das Laudas


https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/campo-das-laudas-xa-acolle-xosefa-rivas-ventin/202104051259571134889.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.526841600377
Lonxitude: -8.3826545273433
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84