Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Ponte Caldelas
Lugar: Parada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas achafranadas posúe unha lenda que reza o seguinte:
“DONACIÓN DE
MANUEL
MENDEZ GARCIA
1935”
O seu varal, que comeza en sección cadrada e segue en octogonal, da paso a un capitel moldurado.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada coas arestas lixeiramente rebaixadas, na que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

O cruceiro aparece protexido por un enreixado metálico no que aparece o mesmo ano que podemos ver na lenda da base.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:

No pasado, este cruceiro posuía un caixón metálico soldado ao enreixado e que funcionaba como peto para as esmolas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/360430601.html

REFERENCIAS BIBLIOGRAFÍCAS
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ PINTOS, Julio (2025). Arte popular gallego 1850 -1925. (en liña)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.386744989094
Lonxitude: -8.5257114771023
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84