Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Castrelo de Miño
Parroquia: Astariz (Santa María)
Lugar: Freás
Outra denominación do ben: Lagar rupestre de A Campaza
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Na ladeira noroeste do castro de Santa Lucía (http://patrimoniogalego.net/index.php/107485/2020/10/castro-de-santa-lucia/) as sondaxes levadas a cabo nas escavacións arqueolóxicas do ano 2016 permitiron localizar este lagar rupestre de viga.
O lagar consiste nun gran batolito granítico irregular que ocupa uns 9 m2. O calcatorium, ou zona de prensado, posúe uns 7,52 m2 e verquería o mosto por duas canles.
Este lagar foi datado na época romana grazas a aparición de material arqueolóxico como tégulas e restos de ánforas, pero especialmnete coa aparición dunha moeda romana do ano 235. Tamén se utilizou o método do carbono 14, dando unha cronoloxía do ano 100 d. C.
Esta descuberta é de especial importancia por canto reforza o vínculo da bisbarra coa tradición vitivinícola.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
PAADÍN, Luis e Alejandro. “Las piedras que hacían vino”, Editor: Servino Consulting. 2017
ENLACES WEB
https://www.uvigo.gal/es/node/92362
https://paadin.es/category/lagares-rupestres/
http://www.vinosycaminos.com/texto-diario/mostrar/473105/arqueologos-da-universidade-escavaran-primeira-vez-castro-galaico-romano-santa-lucia
https://www.vinetur.com/2020071761089/la-vitis-sylvestris-ya-era-consumida-en-el-ribeiro-del-mino-en-tiempo-de-los-romanos.html
REBOREDA, ALBERTE. O castro de Santa Lucía de Astariz. Arqueoloxía con Denominación de Orixe. Faro da Cultura -Arqueoloxía. Faro de Vigo, 17 de novembro de 2016 (En liña: https://www.academia.edu/29970506/O_Castro_de_Santa_Luc%C3%ADa_de_Astariz_Castrelo_de_Mi%C3%B1o_?auto=download)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.317506352287Lonxitude: -8.0381378684795
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Out 16, 2020
Detalle das dúas canles de saída, unha enriba da outra.