Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Cañiza
Parroquia: Petán (San Xián)
Lugar: O Grandal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Época Altomedieval,
Descrición:
Nunha gran laxe con certa inclinación podemos ver este conxunto de arte rupestre e composto moi posiblemente de gravados de diferentes épocas.
Nel se observan círculos con coviñas, cruces, motivos con forma de ferradura e sucos entrecruzados.
Ao carón do petróglifo vemos unha torre de alta tensión.
Ao carón deste petróglifo podemos ver tamén o conxunto de petróglifos do Outeiro das Cruces (http://patrimoniogalego.net/index.php/107512/2020/08/petroglifo-do-outeiro-das-cruces/)
Este petróglifo está catalogado como BIC.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36009037
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM Concello de A Cañiza (Ficha 33 A (1) – Páxina 20)
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/petroglifos-de-galizagalicia-provincia_9.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.26193452319Lonxitude: -8.2766538938043
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 17, 2020
Fermosa fotografía tirada por F.J. Fernández Nogueira a comezos da década dos setenta do s. XX.
Javier Nogueira says:
Xan 23, 2022
Non sei porque en parroquia pon Petán pois Deva tamén é parroquia (Santa Baia de Deva), onde se atopa a “Laxiña das cruces”, se ben é certo que Deva é anexo de Petán. Inda que non sei se no pasado fora ao revés. Na mesma Deva existe u termo “igrexa vella”, onde segundo a memoria popular estivo anteriormente o templo parroquial. (Fco. J. Fdez. Nogueira)
Oscar Franco says:
Xan 24, 2022
Estimado JAVIER NOGUEIRA:
É curioso que nin o nomenclator da Xunta de Galicia, nin os mapas de información Xeográfica de Galicia nin a web do concello recolle esta parroquia.
Sen embargo, a web da diocese de Tui-Vigo a recolle.
Por iso puxen a localización de San Xián de Petán.
Un saúdo.
Óscar Franco