Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilanova de Arousa
Parroquia: Caleiro (Santa María)
Lugar: Caleiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa do século XII de estilo románico, con planta e cruz latina e cuberta a tres augas. Presenta capelas laterais adosadas e torre campanario en posición lateral.
Do seu estilo románico só se conserva a ábsida semicircular (que destaca pola súa colección de canzorros de influenzas visigóticas), e restos dos muros da nave que foi transformada coa adición da Capela do Cristo dos Crespo no muro setentrional no ano 1588, e coa construción da capela do Carme.
De época románica tamén é a porta da fachada occidental, con arquivolta en boquetón de medio punto apoiados en pedras graníticas impostadas no muro, con figuración humana y floral moi erosionada e de difícil lectura.
O interior presenta bóveda de canón de dous tramos.
A Capela do Cristo dos Crespo, adosada ao corpo principal, foi creada por Pedro Otero. Presenta planta rectangular e bóveda de crucería con lacería, e arco triunfal con medallóns ao estilo do Renacemento compostelán de Gil de Hontañón e Jácome García.
Nos esquinais podemos ver as imaxes de San Agustín, San Ambrosio, San Gregorio Magno e San Xerónimo.
Dúas fornelas acollen as representacións de Pedro de Otero e a de Cristo crucificado.
No chan se conserva a lauda de Pedro de Otero, coa representación das cinco chagas de Cristo.
A Capela do Carme, do ano 1906, de construción sinxela e cuberta con bóveda de aresta enlucida.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILANOVADEAROUSA/documents/1020CA015.PDF (Ficha 11 – Páxina 11)
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Caleiro&localidad=PONTEVEDRA
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280380136
https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2016/04/10/joya-romanica-caleiro/1438822.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2016/04/11/caleiro-reabre-iglesia-siglo-xii/0003_201604P11C39910.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.561680589585Lonxitude: -8.8135805580251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84