Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Ribeira do Arnoia
Outra denominación do ben: O muiño do Cereiro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de maquía da ribeira do Arnoia, con planta cadrada de 6x6m con muros de cachotería de granito. Polo lado oposto ó río tiña unha pequena porta de entrada alintelada. A cuberta, actualmente inexistente, dispoñíase a dúas augas, sendo con tella curva do país.

Accedese por camiño dende Santa Eufemia e ten un pasal para que accederan os clientes do lado de Ponte Ambía. Aparentemente sobre esas pedras puido ter unha pequena ponte de madeira, polas marcas que aparecen nas pedras.
Fai moitos anos que se atopa en ruínas, carece de cuberta e os muros están a piques de virse abaixo.No interior contaba posiblemente con dúas rodas, dedicadas a moenda de millo e “pan” (centeo) maiormente.
Tiña unha presa feita con grandes pedras, que fai uns anos unha enchente desfíxoa na súa parte central. Esta presa desviaba a auga por unha canle uns 45m ata o muiño.
Na parte por onde entraba a auga, tiña un muro de bloques de granito, que soportaba e protexía a este muíño das enchentes, que nesta zona soen alcanzar unha gran altura polo estreito do paso.
Polo lado sur ten a saída a auga, que retorna cara o caudal do río, por un oco feito a tal fin.

No Catastro de Ensenada, aparece unha referencia a súa presa, cando define os limites entre as parroquias de Ponte Ambía (Santa María) e San Pedro de Ribeira (San Pedro) “….y sigue bajando al que se dice Penas Altas y de este sigue al Rio Arnoya y Presa llamada do Cereiro y por dicho Rio…..”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Están a punto de virse abaixo os muros, que son o único que queda en pé.


Onde está localizado

Latitude: 42.227681
Lonxitude: -7.708101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84