Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: Ribeira do Arnoia
Outra denominación do ben: Muiño do Burato
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Muíño de maquía da ribeira do Arnoia de Ponte Ambía. Planta rectangular de 10x8m aproximadamente, en cachotería de granito, tendo na parte baixa uns grandes bloques que lle dan solidez e firmeza fronte ó empuxe das cheas. A cuberta, con estrutura de madeira actualmente restaurada, disponse a dúas augas, sendo con tella curva do país. Polo Suroeste ten dúas ventás que dan claridade ó interior. A porta de entrada e unha ventá sitúanse polo Nordeste, gorecidas por pendello, no que se protexían das inclemencias do tempo as cabalarias dos clientes.

No interior dispuña de tres rodas, dedicadas a moenda de millo e “pan” (centeo) maiormente. En unha de elas dispuña de un mecanismo que movía unha peneira aproveitando o xiro do eixe de esa roda. Esta peneira separaba o salvado ou farelo da fariña de centeo ou trigo.
Na parte da comporta xeral, ten un muro de grandes bloques de granito, que soportaba e protexía a este muíño das enchentes, que nesta zona soen alcanzar unha gran altura polo estreito do paso na ribeira.
Esa comporta daba paso a unha canle que abastecía as tres comportas individuais polas que circulaba a auga cara cada rodicio no inferno. A auga sobrante volvía cara o río por un oco habilitado a tal fin no muro.
Polo lado sur ten a saída a auga, que retorna cara o caudal do río, por dous ocos feitos a tal fin.

A presa aínda que non de moita altura, de gran factura, empregando cantearía de granito de boa calidade.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.224695
Lonxitude: -7.710903
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84