Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilanova de Arousa
Parroquia: Vilanova de Arousa (San Cibrán)
Lugar: Praza da Pastoriza - Vilanova de Arousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa de mediados do século XIX que substituíu a unha anterior capela adicada a San Roque.
A que hoxe podemos ver é de estilo neoclásico feita en pedra granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas. Nun dos muros laterais vemos a sancristía.
A fachada principal presenta porta de aceso, xanela con derrame interno e frontón triangular que remataba cunha cruz.
No lateral da fachada aparece unha torre campanario.
Nesta igrexa foi bautizado o escritor Ramón María del Valle Inclán no ano 1866.
Fronte á súa fachada principal podemos ver o Pazo de Alvarellos (http://patrimoniogalego.net/index.php/107651/2020/09/pazo-de-alvarellos/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Segundo recolle a historiadora da arte vilanovesa Alicia Padín: “o altar pétreo da igrexa de A Pastoriza se compón de mesa e base decorada, conformada por unha parte cóncava e outra convexa. Estaba policromado cunha base en azul e un medallón amarelo con fondo blanco, onde seguramente se atopaba algún tipo de emblema ou representación relixiosa. Toda a pintura foi alterada cunha piqueta no momento que foi revestido o altar”.
Tradición oral:
A tradición oral recollida fala que no interior da igrexa se gardaba a imaxe da Asunción e que é moi probable que presentase algún retablo de madeira para a imaxe. Todo este conxunto se atopa desaparecido.
Historia recente do ben:
Esta capela deixou de relizar as súas funcións parroquiais na década dos anos 50 do século pasado. Esas funcións se trasladarón á nova igrexa de San Cibrán de Vilanova de Arousa (http://patrimoniogalego.net/index.php/107648/2020/09/igrexa-de-san-cibran-de-vilanova-de-arousa/).
No ano 2018 o Concello de Vilanova de Arousa firma un convenio coa Igrexa para a cesión da edificación á administración municipal durante os próximos vinte años. A idea é convertilo nun centro cultural.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILANOVADEAROUSA/documents/1020CA017.PDF (Ficha 40 – Páxina 6)
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280379783
https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2019/03/24/iglesia-parroquial-mediados-siglo-xx/2074271.html
https://www.farodevigo.es/portada-arousa/2018/11/01/iglesia-cede-vilanova-templo-pastoriza/1990273.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.563239617437Lonxitude: -8.8279563791756
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84