Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: Redondela
Parroquia: Cedeira (Santo André)
Lugar: Rande
Outra denominación do ben: Cargadoiro da Minero Siderúrgica de Ponferrada
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

O cargadoiro de Coto Wagner é unha estrutura metálica construída entre os anos 1960 e 1964 pola Sociedad Minero Metalúrgica de Ponferrada, S.A. e baixo os planos do enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Rodríguez. O proxecto incluía un cargadoiro metálico con forma de peirao onde poderían atracar barcos de ata 45.000 TRB e cunha capacidade de carga de 2000 toneladas/hora. O peirao do cargadoiro tiña un calado de máis de dez metros.

O conxunto está composto de tres plataformas de formigón situadas sobre o mar da ría de Vigo, unidas entre si por unha estrutura metálica, e conectada á terra por unha ponte metálica que contaba con cintas transportadoras que transportaban o material mineiro que viña por ferrocarril. O mineral embarcado proviña dos xacementos de Coto Wagner e Coto Vilvaldi, situados na provincia de León.

O cargadoiro funcionou dende 1965 ata 1974, momento no cal a crise enerxética do ano 1973 paralizou a súa actividade quedando abandonada ata os nosos días.

Próximo ao cargadoiro de Coto Wagner podemos ver os restos do antigo cargadoiro de Rande:(http://patrimoniogalego.net/index.php/29371/2012/11/antigo-cargadeiro-de-mineral/)


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LIGAZÓNS WEB:
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/159
https://patrimonio.camaraminera.org/gl/lugar/cargaderos-de-rande-y-coto-wagner

Cargadero de mineral Coto Wagner


https://es.wikipedia.org/wiki/Cargadero_de_la_Minero_Sider%C3%BArgica_de_Ponferrada
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/10/06/cargadero-coto-wagner/0003_201910V6C7991.htm

Coto Wagner, a historia do monumental cargadoiro de ferro

https://www.vigoindustrial.com/copia-de-coto-wagner-f016-1?fbclid=IwAR2-qSgsR_Yck7r7yXXjA5X6WFyxE9ICm6I0KIcb34VzvYQnvf2tbKByO4A
http://dondesolohabitaeltiempourbex.blogspot.com/2016/09/el-cargadero-oxidado.html

BIBLIOGRAFÍA:
MENÉNDEZ SUÁREZ, Carlos: “BREVE APORTACIÓN A LA HISTORIA MINERA DEL COTO WAGNER DE LA MINERO-SIDERÚRGICA DE PONFERRADA, S.A.” De Re Metallica, 23, 2014. Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero. (Pp. 39-53)
POZO-ANTONIO, S; PÉREZ-REY, I; e RIAL, G: “An Industrial-Archaeological Approach to the Mineral Loading Docks in Rande Strait, North-Western Spain.” Industrial Archaeology Rewiew. 2017.

DESTRUCIÓN DO CARGADORIO:
http://redondela.gal/es/noticia/oposicioncotowagnernovas2019


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.287461593471
Lonxitude: -8.6542022764853
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84