Outra fotografía:
Tipo de ben: Industria,
Concello: Redondela
Parroquia: Cedeira (Santo André)
Lugar: Rande
Outra denominación do ben: Cargadoiro da Minero Siderúrgica de Ponferrada
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O cargadoiro de Coto Wagner é unha estrutura metálica construída entre os anos 1960 e 1964 pola Sociedad Minero Metalúrgica de Ponferrada, S.A. e baixo os planos do enxeñeiro de camiños Eloy Fernández-Valdés Rodríguez. O proxecto incluía un cargadoiro metálico con forma de peirao onde poderían atracar barcos de ata 45.000 TRB e cunha capacidade de carga de 2000 toneladas/hora. O peirao do cargadoiro tiña un calado de máis de dez metros.
O conxunto está composto de tres plataformas de formigón situadas sobre o mar da ría de Vigo, unidas entre si por unha estrutura metálica, e conectada á terra por unha ponte metálica que contaba con cintas transportadoras que transportaban o material mineiro que viña por ferrocarril. O mineral embarcado proviña dos xacementos de Coto Wagner e Coto Vilvaldi, situados na provincia de León.
O cargadoiro funcionou dende 1965 ata 1974, momento no cal a crise enerxética do ano 1973 paralizou a súa actividade quedando abandonada ata os nosos días.
Próximo ao cargadoiro de Coto Wagner podemos ver os restos do antigo cargadoiro de Rande:(http://patrimoniogalego.net/index.php/29371/2012/11/antigo-cargadeiro-de-mineral/)
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 29 de maio de 2022 recolle a nova do proxecto de darlle uso ao cargadoiro como base de barcos oceanográficos (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
LIGAZÓNS WEB:
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/159
https://patrimonio.camaraminera.org/gl/lugar/cargaderos-de-rande-y-coto-wagner
https://es.wikipedia.org/wiki/Cargadero_de_la_Minero_Sider%C3%BArgica_de_Ponferrada
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2019/10/06/cargadero-coto-wagner/0003_201910V6C7991.htm
https://www.vigoindustrial.com/copia-de-coto-wagner-f016-1?fbclid=IwAR2-qSgsR_Yck7r7yXXjA5X6WFyxE9ICm6I0KIcb34VzvYQnvf2tbKByO4A
http://dondesolohabitaeltiempourbex.blogspot.com/2016/09/el-cargadero-oxidado.html
BIBLIOGRAFÍA:
MENÉNDEZ SUÁREZ, Carlos: “BREVE APORTACIÓN A LA HISTORIA MINERA DEL COTO WAGNER DE LA MINERO-SIDERÚRGICA DE PONFERRADA, S.A.” De Re Metallica, 23, 2014. Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero. (Pp. 39-53)
POZO-ANTONIO, S; PÉREZ-REY, I; e RIAL, G: “An Industrial-Archaeological Approach to the Mineral Loading Docks in Rande Strait, North-Western Spain.” Industrial Archaeology Rewiew. 2017.
DESTRUCIÓN DO CARGADORIO:
http://redondela.gal/es/noticia/oposicioncotowagnernovas2019
NOVA DO 29 DE MAIO DE 2022
https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2022/05/29/puerto-proyecta-antiguo-cargadero-rande-66651481.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.287461593471Lonxitude: -8.6542022764853
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Jose says:
Xan 10, 2021
O cargadoiro está en perigo debido a que a Autoridade Portuaria de Vigo (APV) o quere desmantelar. Este é o posicionamento actual da APV, pero xa antes quería usala estructura para amarre de buques en reparación, decomisados,… e despois quería facer unha terminal de contedores na explanada anexa,…
O Concello de Redondela está pola súa rehabilitación e posta en valor, e os informes técnicos así o xustifican. (https://www.radioredondela.com/2020/12/22/os-tecnicos-concluen-que-a-rehabilitacion-do-cargadoiro-de-rande-e-viable/)
Indicar que para todo ese litoral de Rande estase buscando o selo de Patrimonio Europeo. (https://www.facebook.com/randepatrimonioeuropeo/)