Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Sobrán (San Martiño)
Lugar: Vilaxoán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Edificación relixiosa da primeira metade do século XII de estilo románico, cunha única nave completamente abovedada e dividida en tres tramos por medio de dous pares de semicolumnas adosadas ao muro. Está feita a base de cantaría granítica con cuberta a dúas augas.
Posúe ábsida hexagonal con columnas que rematan en capiteis historiados e motivos vexetais.

A súa fachada principal está dividida en dous tramos separados por un tornachuvias; na parte inferior vemos unha porta de aceso con arco de medio punto. A parte superior presenta unha xanela con arco de medio punto e, por riba dela, un rosetón. O conxunto remata cunha torre campanario nun dos laterais.

A orixe da igrexa se remonta ao século XII. Formou parte dun mosteiro mixto citado en referencias bibliográficas do século X e do cal hoxe non queda nada.

Ao seu carón podemos ver o pazo Lagar (http://patrimoniogalego.net/index.php/107743/2020/09/pazo-lagar/).
Segundo José A. Vázquez Casáis, esta igrexa foi no seu día capela do pazo Lagar, comunicándose coa igrexa por medio dun aceso lateral hoxe tapiado.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior destacan varios sepulcros e escudos nobiliarios localizados nos muros laterais, varios deles vinculados coa familia dos Soutomaior, como a de Juan Mariño, irmán de Soro Gómez de Soutomaior, situado no muro norte da nave, e que Hipolito de Sá describe da seguinte forma: “Ten estatua yacente coas vestiduras episcopais e mitra, sostendo nas mans sobre o peito un libro. Na parte frontal da urna sepulcral unha inscrición con letras góticas, nas que di que alí está sepulto don Juan Mariño de Sotomayor e tres escudos cos brasóns da familia”.
Proba do enorme valor artístico deste sepulcro é o feito de que algúns da historiadores da arte máis importantes de Galicia, investigaron a semellanza deste sepulcro con outros de personaxes importantes da Igrexa galega.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA006.PDF (Páxina 1)
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=Sobr%C3%A1n&localidad=PONTEVEDRA

Iglesia de San Martiño de Sobrán


https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2019/12/san-martino-de-sobran-vilagarcia-de.html
https://www.farodevigo.es/arousa/2013/12/29/iglesia-san-martin-sobran-17307769.html?fbclid=IwAR2VjTwlJIzLZtzSp8LqbrN-ix2N2aAZvLewuodltxieKRCQXFDmgfZzTPs
http://www.arquivoltas.com/11-Galicia/01-Vilaxoan1.htm
http://www.patrimoniovilagarcia.com


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.585402450373
Lonxitude: -8.7867320917111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84