Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Sobrán (San Martiño)
Lugar: Vilaxoán
Outra denominación do ben: Pazo de Sobrán
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Edificación feita en cantaría granítica, de planta rectangular con engadidos posteriores. Nos esquinais destacan dúas torres defensivas de época medieval nas que se conservan algunha saeteira e varios signos lapidarios. Nunha desas torres vemos un brasón nobiliario coas armas dos Soutomaior e Castro.

Na parte posterior da edificación se conserva unha solaina sobre catro columnas.

A primeira referencia bibliográfica que fala deste lugar é do ano 1098.
O primeiro documento que sí fala deste pazo é do século XV e garda relación co Mariscal Suero Gómez de Sotuomaior.
Posteriormente o pazo pasou por varios donos, como o Conde de Maceda, o Marqués de castelar e a familia Padín, este último no século XIX.

Ao carón do pazo podemos ver a igrexa de San Martiño de Sobrán (http://patrimoniogalego.net/index.php/107739/2020/09/igrexa-de-san-martino-de-sobran/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: HosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na traseira do pazo se conserva un fermoso xardín de estilo francés no que destaca un laberinto de buxo.
Tamén existe un hórreo do século XVII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA006.PDF (Páxina 1)
https://www.pazolagar.com/
https://turismoriasbaixas.com/recursopan1?content=280380474
https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/familia-rodriguez-padin-visita-recuerdo-casa-artes-culinarias-FFCG322421
https://www.farodevigo.es/arousa/2013/12/29/iglesia-san-martin-sobran-17307769.html?fbclid=IwAR2VjTwlJIzLZtzSp8LqbrN-ix2N2aAZvLewuodltxieKRCQXFDmgfZzTPs


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.585706166496
Lonxitude: -8.7868840924884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84