Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Sobrán (San Martiño)
Lugar: Vilaxoán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro situado nun pequeno xardín da praza Bouza.
Nace sobre 3 chanzos de sección cuadrangular.
A súa base é de sección octogonal con molduras. Nela podemos ver varios elementos de Paixón, todos eles moi erosionados.
O varal é de sección cadrada con acanaladuras. Na súaparte media aparece unha imaxe da Virxe sobre peaña.
O capitel de sección cadrada contén cabezas de anxos con ás.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada coas arestas rebaixadas. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA006.PDF (Páxina 2)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3606020.html

BIBLIOGRAFÍA
MARÍN MARTÍNEZ, Xoán Ramón e GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio. Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa. Deputación Provincial de Pontevedra e Museo do Pobo Galego. 2003.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.587165422904
Lonxitude: -8.7860444584738
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84