Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilanova de Arousa
Parroquia: Baión (San Xoán)
Lugar: San Simón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección rectangular. A súa base componse de dous bloques cúbicos; o inferior destaca por ter un pequeno oco, posiblemente o caixón para as esmolas; o bloque superior presenta arestas superiores molduradas e, nunha das súas caras, aparece unha lenda de difícil lectura pola súa erosión.
A continuación o varal de sección octogonal no que aparecen varios elementos da Paixón e unha imaxe relixiosa.
O capitel decorado con volutas, caras de anxos nos catro lados e motivos vexetais, da paso a unha cruz de sección cilíndrica na que vemos as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas no reverso.

Este cruceiro foi mandado construir no ano 1776 por Antonio de Afonsín, presbítero do lugar.

Ao seu carón podemos ver tamén a capela de San Simón (http://patrimoniogalego.net/index.php/107751/2020/09/capela-de-san-simon/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILANOVADEAROUSA/documents/1020CA015.PDF (Ficha 8 – Páxina 8)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/3606106.html

BIBLIOGRAFÍA
LAREDO VERDEJO, José M. Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial. 1993
VILA FARIÑA, Xosé Lois. (2009). Memoria histórica de la parroquia de Baión. Ed: Cardeñoso.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.571455692288
Lonxitude: -8.7182616996073
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84