Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Sobradelo (San Salvador)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVIII feita en pedra granítica, de planta rectangular e cuberta a 2 augas.
Na fachada principal vemso unha porta lintelada, un brasón heráldico e unha fornela coa imaxe da Virxe co Neno no colo.
O conxunto remata cunha espadana dun so oco.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior se garda a imaxe de San Cibrán recentemente restaurada.
A tradición fai que os devotos se acerquen ata o santo rezando a seguinte oración:
“Santo San Cibrán
que nos dea sanidá
que nos cure a enfermedá
pola virtú que ten
o santo avogado
na vida e na morte.
Amén”


Tradición oral:

A tradición conta que San Cibrán predicou pola contorna. Sendo vello e padecendo de dores por todo o corpo, foi de peregrino ata Compostela para pedirlle ao Apóstolo que puxera fin ás súas dores. Xa de volta, parou a descansar baixo un carballo e fixo a seguinte rogativa á Virxe: “¡Nosa Señora, líbrame desta angustia!”
A Virgen se lle apareceu e lle dixo:
“¡Vai tranquilo, San Cibrán
que quedas da miña man!”.
San Cibrán sanou e mandou facer a capela nese mesmo lugar.

Conta tamén a tradición que ao morrer o Santo, coa madeira do carballo, se fixo a imaxe de San Cibrán que se venera na capela.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA003.PDF (Páxina 5)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.58682359647
Lonxitude: -8.7830141257698
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84